19/4/13

Indumentaria - GRUPO BLANCO



INDUMENTARIA

Pasar un día na montaña require non só unha boa planificación da ruta a seguir, por iso saber como vestirse axeitadamente é algo que constitúe toda unha arte.

Debemos ter en conta en primeiro lugar a época, e en segundo a preparación de cada un a nivel físico e imos referirnos a unha persoa cunha preparación media-baixa, ou sexa, un paseante como o somos a maioría.

Calzado: levar un calzado lixeiro xa sexa de bota ou zapato de trekking, impermeable e ríxido, calcetíns non demasiado grosos pero a poder ser dunha fibra de secado rápido.
A roupa: A forma máis axeitada é seguir o denominado sistema de capas:
- A capa máis próxima á pel: camisetas térmicas non moi grosas.
- Como segunda capa: Forro polar(el powerstretch ou as chaquetas de fibra). Só materiais sintéticos: unha fonte adicional de poder calirífico axudarannos a continuar evacuando a humidade.
- Terceira e última capa: Unha peza que sexa impermeable, transpirable e cortaventos é importante que sexa lixeiro

Material suplementario: Un pantalón hidrófugo para que non nos almacene suor ou chuvia, que sexa cómodo e non demasiado groso.

Material á parte: Cantimplora ou a bolsa de hidratación e un bastón.

*En verán, recomendase levar roupa o máis fresca posible.*

Fernando Miranda Castaño e Héctor López Taboada

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.