19/4/13

Uso aconsellado da mochila - GRUPO BLANCO



Consellos útiles: Mochila para rutas de sendeirismo

Distribuir correctamente o peso.

Á hora de facer a mochila, hai que guiarse por dous principios fundamentais:
1-Colocar os obxectos en función do seu peso.
Centrar os obxectos pesados en torno a un imaxinario eixe central e rodealo cos elementos máis lixeiros e flexibles, ata conseguir un conxunto uniforme que evite desplazamentos. O correcto cheado da mochila é importante.
2- Colocar os obxectos en función da súa utilidade.
Todo aquelo que sexa imprescindible ao longo do camiño (bebida, unha prenda de abrigo…) poñerase na parte de arriba ou nos bolsillos exteriores.

Como levar unha mochila

A mochila ten que ir totalmente pegada á espalda, polo que deben tensarse ao máximo as hombreiras e correas de modo que se adapten por completo ao contorno do corpo. Hai que axustar ben o cinturón á cintura para liberar á columna e aos hombreiros de gran parte do peso.

Colocación:

Posición incorrecta da mochila

O peso recae sobre os riles forzando a postura e convertindo en incómoda a marcha.   

Posición correcta da mochila

O peso queda repartido uniformemente entre as cadeiras e os hombreiros, adoptando unha postura máis firme e por tanto máis cómoda.
Puntos de apoio en posición correcta. Unha mochila debe distribuir eficazmente o peso ao largo dos hombreiros, espalda e cadeiras; debe estar ergonómicamente diseñada.
Abrochar a correa de unión das hombreiras, si a túa mochila dispon dela

Consellos de uso

Seleccionar o modelo segundo a morfoloxía de cada un, regular as hombreiras sin apretar excesivamente, facilitando a circulación e ventilación do conxunto. Non escollas unha mochila grande só porque a creas máis polivalente. Si cabe máis, seguramente a encherás máis, cos problemas que iso orixina á hora de camiñar.

Aida López Díaz, Guillermo Traveso Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.